lunes, 18 de noviembre de 2019

Copos de nieve

Neve nas montañas
tres magos que veñen e van
panxoliñas doces
cantamos porque é Nadal.

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Chegou o tempo de soñar,
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz,
fogares cheos do amor.
Quen colleu o mando da televisión?

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Todo o tempo sen parar,
volver a casa por Nadal.


CANTAMOSCHE OS REISES, 
GUEDELLOS DE CABRA.
CANTAMOSCHE OS REISES.
NON NOS DECHES NADA.

Somos os reises do quiquiriquí
vimos a ver qué nos botan eiqui.
Somos os reises do cacaracá
vimos a ver qué nos botan alá!
Somos os reises da «cabra fanada»
viñemos eiquí: Non nos deron nada.

Aquí vimos catro, cantaremos oito
déanos o aguinaldo, fociño de cocho!
ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos
se nos dan touciño, tamén o levamos!
Somos os reises do quiquiriquí
se non nos dan nada... marchamos de eiqui  

lunes, 4 de noviembre de 2019

VISITA DA CAMPIONA SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DE SUSANA. UNHA PERSOA EXTRAORDINARIA, UN EXEMPLO A SEGUIR E QUE SIRVE DE REFERENTE E MODELO PARA OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS.
DENTRO DO PROXECTO DE CENTRO DA IGUALDADE A NOS CLASE ELEXIU A SUSANA RODRÍGUEZ GACIO PORQUE TEN UNHA DISCAPACIDADE VISUAL GRAVE QUE NON LLE IMPIDE FACER REALIDADE OS SEUS SOÑOS DE IR A UNS XOGOS OLÍMPICOS E SER UNA BOA PROFESIONAL DENTRO DA MEDICIÑA. PERO SEMPRE CON TRABALLO, DEDICACIÓN E ESFORZO. CUALIDADES IMPRESCINDIBLES PARA ACADAR CALQUERA META.







TEMA 4 MATEMÁTICAS